miércoles, 21 de junio de 2017

A feira gastronómica en 5º/6º EI

Queremos que vexades o traballo previo á celebración da feira gastronómica. Dende hai meses, o alumnado do grupo cultivou fabas na horta escolar, recolleunas e conservounas para poder preparalas, xunto coas outras receitas. Nestas imaxes podedes comprobar a súa capacidade para defenderse na cociña e  traballar en equipo.


domingo, 30 de abril de 2017

ESPECTÁCULO EN AFUNDACIÓN

O alumnado de EI ven de asistir ao espectáculo musical "Gatuxo", de Magín Blanco. Nestas imaxes podedes observar o disfrute dos pequenos e pequenas como público deste evento.

lunes, 17 de abril de 2017

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O alumnado de EI participou con entusiasmo nas diversas actividades que dirixiron as monitoras e monitores da granxa, facendo pan, obsevando aos animais e aprendendo a muxir unha vaca moi especial.